Multilex2015

Lexicografía multilingüe en rede

Santiago de Compostela, 20 e 21 de outubro de 2015.

Ante o aumento de dicionarios e bases de datos multilingües en rede así como dos dicionarios colaborativos, este congreso internacional proponse abordar esta temática desde diferentes perspectivas, as cales son tema das diferentes seccións temáticas:

  • A relación entre a lexicografía electrónica e os cambios sociais na comunicación na era das novas tecnoloxías.
  • Inventario de dicionarios electrónicos multilingües: visión de conxunto e presentación de obras de consulta así como proxectos.
  • Dificultades na elaboración dos dicionarios electrónicos multilingües: o papel das bases de datos e os programas.
  • Factores de calidade dos dicionarios en rede: contidos, deseño, etc.
  • Usuario e dicionarios en rede.

O congreso finaliza cunha discusión sobre o estado actual deste tipo de obras de consulta e recursos, así como cunha especie de catálogo coas pautas e directrices a seguir no desenvolvemento destas obras.

logo_ministerio         logo_ux

En colaboración con:

LOGO RELEX PNG          

Co apoio de:

logo_ilga_png

Advertisements